martes, 8 de abril de 2025

REMATAMOS TRIMESTRE

 Rematamos trimestre deixando atrás actividades e experiencias que disfrutamos moito. Deixo por aquí unha mostra.

- Estudamos a corrente artística de POP ART e fixemos unha pequeña exposición en ARTS con algunhas das obras máis coñecidas desta corrente.





-En ARTS, tamén  fixemos unha actividades moi creativa a partir dos nosos nomes e recibimos a primavera decorando a aula.





-Tamén creamos a nosa mesa temática de ciencias relacionada, esta vez, coas plantas. Grazas familias polas aportacións!



-Inauguramos o Club de Ciencia facendo algúns experimentos e indagando sobre o método científico. 







-Expuñemos os traballos sobre os animais en perigo de extinción e decoramos o corredor con eles.


- Seguimos traballando escritura creativa con materiais que nos axudan a estructurar as nosas primeiras composicións.




-Por equipos, fixemos traballo por rincóns con materiais manipulativos: IMANIX, puzzles, materiais de matemáticas coma regletas ou moedas e billetes de cartón...

Especialmente gustounos traballar con IMANIX que axuda a traballar o pensamento lóxico, a imaxinación e a planificación de recursos.







-Celebramos a Semana da Prensa creando unha noticia en LA VOZ DE LABACA.



-E o 8M facendo uns banderíns sobre mulleres olímpicas coa axuda das familias.


-Fixemos dúas saídas culturais ao AQUARIUM e á fábrica de BONILLA A LA VISTA.





-E recibimos ás visitas de Marta Bobo, exdeportista olímpica de ximnasia rítmica e de Érica Esmorís, a autora do libro que limos este trimestre nos tempos adicados ao Plan Lector.




-Finalmente, coa axuda de Miss Cris, familiarizámonos con Scratch, unha ferramenta dixital para iniciarnos no mundo da programación.



No hay comentarios:

Publicar un comentario